Camerún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCamerún
République du Cameroun (fr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoChant de Ralliement Editar o valor em Wikidata

Lema«Paix – Travail – Patrie»
«Peace – Work – Fatherland»
«Мир - труд - Родина» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 5°08′N 12°39′L / 5.13, 12.65Coordenadas: 5°08′N 12°39′L / 5.13, 12.65
CapitalYaoundé Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación24.053.727 (2017) Editar o valor em Wikidata (50,59 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie475.442 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porLago Chad, Golfo da Guinea e Océano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Camerún (4.095 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoGolfo do Biafra (pt) Traducir (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1960 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataPaul Biya (1982–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Cameroon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataJoseph Ngute (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Cameroon (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Cameroon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal45.338.285.386 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedafranco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.cm Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+237 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor em Wikidata
Código de paísCM Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webprc.cm… Editar o valor em Wikidata

O Camerún[1] (en francés: Cameroun; en inglés: Cameroon), oficialmente República do Camerún (en francés: République du Cameroun; en inglés: Republic of Cameroon) é un país africano. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao leste co Chad e a República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial) e ao leste co golfo da Guinea, a través do cal fai fronteira coa Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. A súa capital é Yaoundé.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Orixinalmente, o Camerún foi o exónimo dado polos portugueses ao río Wouri, ao que chamaban Rio dos Camarões (en galego "río das gambas" ou "río gamba"), referíndose á daquela abundante gamba fantasma de Camerún.[2][3] O nome do país en portugués segue a ser Camarões.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia do Camerún.

Historia temperá[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes do que hoxe é o Camerún foron os baka, un pobo pigmeo que logo da migración bantú quedou reducido aos lugares máis inaccesibles. Os portugueses chegaron á costa camerunesa a fins do século XV e comezos do XVI, a malaria non permitiu que estableceran asentamentos permanentes. Os primeiros asentamentos estables europeos datan de finais da década de 1870, cando o uso da quinina fixo posible combater a malaria. No inicio, os europeos estaban sobre todo interesados en comerciar, o que facían na zona costeira, e adquirir escravos. O comercio de escravos foi reprimido a mediados do século XIX, aínda no remate dese século instaláronse no Camerún misións cristiás, as cales continúan a desempeñar un papel na vida do país.

Colonia alemá[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Camerún alemán.

O 5 de xullo do 1884 a totalidade do territorio camerunés e algúns territorios veciños tornáronse a colonia alemá de Kamerun, coa capital situada primeiramente en Buea e despois en Yaoundé. Despois do final da primeira guerra mundial, o Reino Unido e a Francia dividiron esta colonia, cabendo á Francia a maior área, sendo as zonas máis distantes transferidas para o dominio doutras colonias francesas, e gobernando o restante a partir de Yaoundé.

Colonia francesa e británica[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Camerún francés e Camerún británico.

Independencia[editar | editar a fonte]

O Camerún francés acadou a independencia no 1960 baixo a denominación de República do Camerún. Ao ano seguinte, a maioría musulmá do norte, que dominaba dous terzos do Camerún británico, votou pola adhesión á Nixeria, en canto que no sur a maioría cristiá, votou de forma que o outro terzo do Camerún británico se adherise á República do Camerún, formando a República Federal do Camerún.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

O presidente Paul Biya.

Goberna desde 1982 Paul Biya da Alianza Democrática Popular (APDC). A APDC tamén obtivo o control do Parlamento en 1992 e Bija foi reelixido ese ano e en 1997. O principal grupo de oposición, o Fronte Socialdemócrata, cuestionou o resultado deses comicios. En 1997, o seu candidato, John Ndi, rexeitou a vitoria de Bija.

No século XXI, a minoría anglófona dos territorios do oeste incrementou as súas protestas contra o goberno central do país (de maioría francófona) en favor dunha maior autonomía política ou unha eventual secesión, chegando a declarar a independencia da rexión o 1 de outubro de 2017. Segundo a ONU, o Camerún tiña en 2018 arredor de 250.000 desprazadas internos[4].

Política e goberno[editar | editar a fonte]

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Camerún está dividido en 10 rexións.

A constitución divide o Camerún en 10 rexións semiautónomas, cada unha delas baixo a administración dun Consello Rexional electo. Cada reixión está encabezada por un gobernador designado polo presidente.[5]

Estes líderes están encargados de implementar a vontade do presidente, informar sobre o estado de ánimo e as condicións das rexións, xestionar a administración pública, manter a paz, e supervisar os líderes das unidades administrativas máis pequenas. Os gobernadores teñen amplos poderes: poden ordenar propaganda na súa zona e chamar o exército, os xendarmes, e a policía.[5] Todos os funcionarios dos gobernos locais son empregados do Ministerio da Administración Territorial do goberno central, do cal tamén obteñen a maior parte dos seus orçamentos os gobernos locais.[6]

As rexións están subdivididas en 58 departamentos (départements). Estes están encabezados por oficiais de división (préfets). As divisións están tamén divididas en subdivisións (arrondissements), encabezadas por oficiais asistentes de división (sous-prefets). Os distritos, administrados por xefes de distrito (chefs de district), son as unidades administrativas máis pequenas.[7]

As tres rexións máis setentrionais son Extremo-Norte (Extrême Nord), Norte (Nord), e Adamawa (Adamaoua). Directamente ao sur destas están as rexións de Centro (Centre) e Leste (Est). A Rexión Sur (Sud) encóntrase no Golfo de Guinea e na fronteira sur. A rexión máis occidental do Camerún está dividida en cart rexións máis pequenas: as rexións de Litoral (Littoral) e Suroeste (Sud-Ouest) están na costa, e as de Noroeste (Nord-Ouest) e Oeste (Ouest) están nas pradeiras occidentais.[7]

A maior parte desta provincias foron definidas na década de 1960. As provincias Centre e Sud xorden da ruptura da provincia Centre-Sud en 1983, no mesmo ano, Adamaoua e Extreme-Nord xorden debido á escisión da provincia Nord.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía do Camerún.
Mapa do Camerún.

O Camerún atópase situado no golfo da Guinea. Limita ao norte e ao oeste con Nixeria, ao sur con Gabón e coa Guinea Ecuatorial, ao leste coa República Centroafricana e o Chad. Ao oeste limita co océano Atlántico.

No país distínguense varias rexións. Unha delas é a rexión litoral que vai desde a costa fronteiriza con Nixeria ata a fronteiriza coa Guinea Ecuatorial. A cidade máis importante da costa do Camerún é Buea. Posteriormente a altura do país vaise elevando gradualmente: así, Douala atópase case ao nivel do mar, no estuario do río Wouri e Yaoundé atópase situada xa a uns 700 metros sobre o nivel do mar. Pasado Yaoundé atópase un macizo montañoso que separa esta zona do país da do norte. A cidade máis importante desta zona montañosa é Tibesti. O norte o territorio é máis chairo. As cidades máis importantes do norte do Camerún son Garoua e Maroua. No extremo norte do país atópase unha porción do lago Chad. No sur e o sueste o territorio convértese en selva, a cal vaise facendo máis espesa a medida que nos achegamos á fronteira coa República do Congo. Na meseta oeste, na fronteira con Nixeria, atópase a zona anglófona do país, cuxa cidade máis importante é Bamenda.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía do Camerún.

Ten reservas petroleiras que son explotadas moderadamente por empresas francesas e norteamericanas. Os principais produtos agrícolas son cacao, café e bananas pero a agricultura está moito máis diversificada ao momento de que o país se autoabastece de alimentos. Tamén hai explotación forestal.

A Unión Europea é o principal socio comercial do Camerún.

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía do Camerún.

A poboación do Camerún en 2021 era de 27 198 628 habitantes.[8] A esperanza de vida era de 62,3 anos (60,6 anos para os homes e 64 anos para as mulleres).[9]

Mulleres camerunesas nas celebracións do Día da Muller.

O Camerún conta cunha poboación lixeiramente superior de mulleres (50,5%) á de homes (49,5%). Máis do 60% da poboación ten menos do 25 anos. A poboación maior de 65 anos representa tan só o 3,11% do total[9]

A poboación do Camerún está dividida case por igual entre habitantes urbanos e rurais.[10] A densidade de poboación é maior nos grandes centros urbanos, as terras altas occidentais, e a chaira nororiental.[11] Douala, Yaoundé, e Garoua son as maiores cidades. En contraste, a meseta de Adamawa, a depresión suroriental de Bénoué, e a maior parte da meseta sur do Camerún están escasamente poboadas.[12]

Segundo a Organización Mundial da Saúde, a taxa de fertilidade en 2013 era de 4,8, cunha taxa de crecemento demográfico do 2,56%.[13]

Persoas das superpoboadas terras altas occidentais e o norte pouco desenvolvido estanse a trasladar ás zonas de plantacións costeiras e aos centros urbanos na busca de traballo.[14] Estanse a dar movementos máis pequenos a medida que os traballadores buscan traballo nos serradoiros e as plantacións no sour e o leste.[15] Aínda que a proporción de sexos a nivel nacional é relativamente parella, estes migrantes son principalmente homes, o que leva a proporcións desequilibradas nalgunhas rexións.[16]

Cabanas musgum de lama no norte do Camerún.

No país practícanse tanto os matrimonios monógamos como os popígamos, e a familia camerunesa media é numerosa e extensa.[17] No norte, as mulleres adoitan coidar da casa, mentres que os homes pastorean o gando ou traballan de granxeiros. No sur, as mulleres adoitan cultivar os alimentos da familia, e os homes proporcionan carne e cultivan cultivos comerciais. A sociedades camerunesa e patriarcal, e a violencia e a discriminación contra as mulleres é común.[18][19][20]

Estímase que no Camerún hai entre 230 e 282 grupos étnicos e lingüísticos diferentes.[21][22] A meseta de Adamawa divide a estes en dous grupos: norte e sur. As persoas do norte pertencen a grupos lingüísticos sudánicos, que viven nas terras altas do norte, e os fulani, que se estenden por todo o norte do Camerún. Un pequeno grupo de shuwa viven nas proximidades do lago Chad. O sur do Camerún está habitado opr falanges de linguas bantús e semibantú. Os grupos de fala bantú viven nas zonas costeiras e ecuatoriais, mentres que boss semibantús viven nas pradeiras occidentais. Uns 5 000 pigmeos gyele e baka percorren os bosques húmidos do sueste e a costa, ou viven en pequenos asentamentos ao bordo das estradas.[23] Os nixerianos constitúen o maior grupo de cidadáns estranxeiros.[24]

Persoas refuxiadas[editar | editar a fonte]

En 2007, Camerún acollía a aproximadamente 97 400 persoas refuxiadas e solicitantes de asilo. Destas, 49 300 proviñan da República Centroafricana (moitos empurrados ao oeste a causa da guerra),[25] 41 600 do Chad, e 2 900 de Nixeria.[26] Os secuestros de cidadáns cameruneses a mans de bandidos centroafricanos ten aumentado dende 2005.[27]

Nos primeiros meses de 2014, milleiros de persoas refuxiadas que escapaban da violencia na República Centroafricana chegaron a Camerún.[28]

O 4 de xuño de 2014, AlertNet informou:

Case 90 000 persoas teñen fuxido ao veciño Camerún dende decembro e ata 2 000 por semana, a maior parte delas mulleres e nenos, continúan cruzando a fronteira, sinalan as Nacións Unidas.

"As mulleres e os nenos están chegando a Camerún nun estado desastroso, logo de semanas, ás veces meses, no camiño, buscando comida," dixo Ertharin Cousin, director executivo do Programa Mundial de Alimentos (WFP polas súas siglas en inglés).[29]

Linguas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Linguas do Camerún.
Mapa das linguas autóctonas da rexión

A porcentaxe oficial estimada de falantes de francés e inglés é dun 70% e un 30% respectivamente segundo a presidencia da rapública.[30] O alemán, a lingua dos colonizadores orixinais, foi desprazado hai tempo polo francés e o inglés. O inglés pidgin camerunés é a lingua franca nos territorios que antigamente estiveron baixo a administración británica.[31] O camfranglais, unha mestura do inglés, o francés, e pidgin, foi gañando popularidade nos centros urbanos dende mediados da década de 1970.[32][33]

Ademais das linguas coloniais, no país hai aproximadamente 250 linguas máis faladas por case 20 millóns de cameruneses,[34] o que convirte ao Camerún nun dos países máis lingüsticamente diversos do mundo.[35]

En 2017, houbo protestas linguísticas por parte da pobación anglófona contra a percepción de opresión por parte da poboación francófona.[36] Despregouse o exército contra a persoas que se estaban a manifestar e houbo asasinatos, centos de persoas encarceradas, e milleiros fuxiron do país.[37] Isto culminou na declaración de independencia da República de Ambazonia,[38] que dende entón converteuse na Crise Anglófona.[36] Estímase que ata xuño de 2020, 740 000 persoas foran desprazadas internamente como resultado da crise.[39]

Relixión[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Relixión no Camerún.
Relixión no Camerún (estimacón de 2020 de acordo coa ARDA)[40]
Catolicismo
  
26.6%
Protestantismo
  
22.5%
Islam
  
20.2%
Ningunha
  
0.8%
Relixións tradicionais
  
19.0%
Outra, incluídas outras cristiás
  
10.8%

Camerún ten un alto grao de liberdade e diversidade e relixiosa.[19] A fe maioritaria é o cristianismo, practicada por ao redor de dous terzos da poboación, mentres que o islam conta cunha minoría significativa de en torno a unha cuarta parte. Ademais as crenzas tradiconais continúan a ser practicadas por moitas persoas. A maior concentración de persoas musulmanas encóntrase no norte, mentres que a as cristiás concéntranse principalmente nas rexións do sur e o oeste, aínda que se poden atopar persoas que practican calquera de ambas relixións por todo o país.[41] As grandes cidades contan cunha poboación significativa de ambos grupos.[41] A poboación musulmana no Camerún está dividida en sufís, salafís,[42] xiís, e musulmáns sen denominación.[42][43]

Catedral da Nosa Señora das Vitorias, igrexa católica en Yaoundé.

People from the North-West and South-West provinces, which used to be a part of British Cameroons, have the highest proportion of Protestants. The French-speaking regions of the southern and western regions are largely Catholic.[41] Southern ethnic groups predominantly follow Christian or traditional African animist beliefs, or a syncretic combination of the two. People widely believe in witchcraft, and the government outlaws such practices.[44] Suspected witches are often subject to mob violence.[19] The Islamist jihadist group Ansar al-Islam has been reported as operating in North Cameroon.[45]

In the northern regions, the locally dominant Fulani ethnic group is almost completely Muslim, but the overall population is fairly evenly divided among Muslims, Christians, and followers of indigenous religious beliefs (called Kirdi ("pagan") by the Fulani).[41] The Bamum ethnic group of the West Region is largely Muslim.[41] Native traditional religions are practised in rural areas throughout the country but rarely are practised publicly in cities, in part because many indigenous religious groups are intrinsically local in character.[41]

Educación[editar | editar a fonte]

En educación, existiron dous sistemas, un en inglés e o outro en francés logo da independencia. O sistema do Camerún do Leste foi baseado no modelo francés, o Camerún do Oeste usou o modelo británico. Os dous sistemas foron combinados no ano 1976. As escolas cristiás e misioneiras foron unha parte importante do sistema educativo. Nas áreas meridionais do país case todos os nenos da idade de educación primaria asisten á escola. Con todo, no norte, sempre foi unha parte illada do Camerún, o absentismo escolar é alto. A maioría dos estudantes no Camerún non chega máis aló do nivel primario.

O país conta con tres universidades: Universidade de Yaoundé I, Universidade de Yaoundé II (con campus fóra da cidade), e a Universidade Católica para África Central (UCAC).

Saúde[editar | editar a fonte]

Esperanza de vida no Camerún

A calidade da atención sanitaria é xeralmente baixa.[46] A esperanza de vida ao nacer estaba estimada en 56 anos no 2012, dos cales se esperaban 48 anos de vida saludable.[13] A taxa de fertilidade segue a ser alta no Camerún cunha media de 4,8 nacementos por muller e unha idade media da nai no momento do primeiro parto de 19,7 anos.[13] No Camerún hai tan só un médico por cada 5 000 habitantes segundo a Organización Mundal da Saúde.[47] En 2014 só o 4,1 % do PIB foi destinado á sanidade.[48] Debido aos recortes económicos no sistema de saúde, hai pouco profesional sanitario. Os e as profesionais da saúde que se forman no Camerún emigran porque o salario é baixo e a carga de traballo é alta. As enfermeiras están no paro a pesar de que se precisa da súa axuda. Algunhas delas axudan voluntariamente para non perder as súas habilidades.[49] Fora das grandes cidades, as instalacións adoitan estar sucias e mal equipadas.[50]

En 2012, as tres prinncipais enfermidades mortais foron a sida, a infección respiratoria aguda e as enfermidades diarreicas.[13] Entre as enfermidades endémicas encóntranse o dengue, a filariose, a leishmaniose, a malaria, a esquistosomiase, e a enfermidade do soño.[51] A taxa de prevalencia da VIH/sida en 2016 estimouse en 3,8 % para as peersoas de 15 a 49 anos,[52] aínda que un forte estigma contra a enfermidade mantén artificialmente baixos o número de casos reportados.[53] En 2016 estimábase que 46 000 nenas e nenos por debaixo dos 14 anos vivían co VIH. En Camerún, o 58 % das persoas que tiñan o VIH coñecen o seu estado, e só o 37 % reciben TAR. En 2016 producíronse 29 000 mortes debido á sida tanto en persoas adultas como en nenas e nenos.[52]

O planchado de seos, unha práctica tradicional que é prevalente no Camerún, pode afectar á saúde das nenas.[54][55][56][57] A mutilación xenital feminina, aínda que non está moi estendida, é practicada nalgunhas poboacións; segundo un informe de UNICEF do ano 2013,[58] O 1 % das mulleres no Camerún foron sometidas a esta práctica. A prevalencia de anticonceptivos foi só do 34,4 % en 2014, o que tamén afecta á saúde das mulleres. A medicina tradicional continúa a ser unha alternativa popular á medicina baseada na evidencia.[59]

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura do Camerún.

Música e danza[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Música do Camerún.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Gastronomía do Camerún.

Moda[editar | editar a fonte]

Arte tradicional e artesanía[editar | editar a fonte]

Literatura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Literatura do Camerún.

A literatura camerunesa tense concentrado en temas tanto africanos como europeos. Os escritores da época colonial como Louis-Marie Pouka e Sankie Maimo foron educados por sociedades misioneiras europeas e abogaron por unha asimilación da cultura europea para levar o país ao "mundo moderno".[60] Logo da segunda guerra mundial, escritores como Mongo Beti e Ferdinand Oyono analizaron e criticaron o colonialismo e rexeitaron a asimilación.[61][62][63] Na década de 1960, ademais de Mongo Beti e Ferdinand Léopold Oyono, outros escritores exploraron o postcolonialismo, os problemas do desenvolvemento africano, e a recuperación da identidade africana.[64]

Algúns escritores aclamados pola crítica inclúen a Imbolo Mbue, Patrice Nganang, Calixthe Beyala, Bate Besong, Gaston-Paul Effa, Werewere Liking, Ba'bila Mutia, John Nkemngong Nkengasong, Bole Butake, Leonora Miano, Francis B Nyamnjoh e Linus T. Asong.[65][66]

En 2014, Imbolo Mbue asinou un acordo dun millón de dólares con Random House polo seu primeiro manuscrito. A novela titulada Behold the Dreamers segue as tribulacións dun inmigrante camerunés e un executivo de Lehman Brothers durante a crise financeira de 2008.[67][68]

Cine[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cine do Camerún.

Pouco despois da independencia do país, cineastas como Jean-Paul Ngassa e Thérèse Sita-Bella exploraron temas similares. Shortly after independence, filmmakers such as Jean-Paul Ngassa and Thérèse Sita-Bella explored similar themes.[69][70] a mediados da década de 1970, cineastas como Jean-Pierre Dikongué Pipa e Daniel Kamwa abordaron os conflitos entre as sociedades tradicional e postcolonial. Nas seguintes dúas décadas os filmes, do mesmo xeito que a literatura, centráronse máis en temas exclusivamente cameruneses.[71]

Deportes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Deporte no Camerún.

A mellor participación do Camerún nos Xogos Olímpicos foi en Atenas 2004. A Selección de fútbol gañou a medalla de ouro nas xustas.

Outros logros destacados da selección de fútbol do Camerún foi ser o primeiro equipo africano en chegar aos cuartos de final, na Copa Mundial de Fútbol de 1990. Desde ese entón o equipo ten o alcume de "Os Leóns Indomables".

O cricket ten entrado tamén on Camerún como deporte emerxente, coa Ferecarión Camerunesa de Cricket participando en partidos internacionais.[72]

Camerún ten producido numerosos xogadores de baloncesto que chegaron a competir na National Basketball Association (NBA), entre os que se encontran Pascal Siakam, Joel Embiid, D. J. Strawberry, Ruben Boumtje-Boumtje, Christian Koloko, e Luc Mbah a Moute.[73]

O antigo campión dos pesos pesados da UFC Francis Ngannou naceu o Camerún.[74]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para camerunés.
  2. "Cameroon (adj.)" (en inglés). etymonline.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. nation in West Africa, its name is taken from the Anglicized form of the former name of the River Wouri, which was called by the Portuguese Rio dos Camarões "river of prawns" (16th century) for the abundance of these they found in its broad estuary. Camarões is from Latin cammarus "crawfish, prawn" 
  3. "Camarões: o que os crustáceos têm a ver com o país?" (en portugués). Veja. Consultado o 26 de xaneiro de 2024. 
  4. L’1 d’octubre camerunès, Diari Ara, 25 de agosto de 2018 (en catalán).
  5. 5,0 5,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Neba 250
  6. "Cameroon" (en inglés). US Department of State. 25 de agosto de 2011. Consultado o 19 de febreiro de 2024. 
  7. 7,0 7,1 "Core document forming part of the reports of States Parties: Cameroon" (en inglés). UNHCHR. Arquivado dende o orixinal o 23 de outobro de 2015. Consultado o 12 de abril de 2013. 
  8. "2022 Revision of World Population Prospects" (en inglés). Departamento de Asuntos Económicos e Sociais das Nacións Unidas. Consultado o 3 de marzo de 2024. 
  9. 9,0 9,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome CIA
  10. West 2004, p. 3.
  11. Neba 1999, pp. 109–111.
  12. Neba 1999, p. 111.
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 "Cameroon: WHO Statistical Profile" (PDF) (en inglés). Organización Mundial da Saúde. xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de marzo de 2017. Consultado o 31 de marzo de 2024. 
  14. Neba, 1999 & 105–6.
  15. Neba & 1999 106.
  16. Neba, 1999 & 103–4.
  17. Mbaku 2005, p. 139.
  18. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Freedom House
  19. 19,0 19,1 19,2 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Human Rights Report
  20. Mbaku 2005, p. 141.
  21. Neba 1999, pp. 65, 67.
  22. West 2004, p. 13.
  23. Neba 1999, p. 48.
  24. Neba 1999, p. 108.
  25. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome RCross
  26. "World Refugee Survey 2008" (en e). U.S. Committee for Refugees and Immigrants. 19 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 2 de outubro de 2008. Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  27. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Musa Gunmen
  28. "Cameroon: Location of Refugees and Main Entry Points (as of 02 May 2014) – Cameroon" (en inglés). UN Office for the Coordination of Humanitarian Affairs. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  29. Nguyen, Katie (4 de xuño de 2014). "Cameroon: Starving, Exhausted CAR Refugees Stream Into Cameroon – UN". allAfrica.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  30. "Presentation of Cameroon" (en inglés). Presidency of the Republic. Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 
  31. Neba 1999, p. 94.
  32. DeLancey & DeLancey 2000, p. 131.
  33. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Niba
  34. Kouega, Jean-Paul. 'The Language Situation in Cameroon', Current Issues in Language Planning, vol. 8/no. 1, (2007), pp. 3–94.
  35. Pereltsvaig, Asya (16 de xuño de 2011). "Linguistic diversity in Africa and Europe – Languages Of The World" (en inglés). languagesoftheworld.info. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 
  36. 36,0 36,1 Genin, Aaron (11 de febreiro de 2019). "AFRICAN POWDER KEG: CAMEROONIAN CONFLICT AND AFRICAN SECURITY" (en inglés). The California Review. Consultado o 16 de abril de 2019. 
  37. "Deaths and detentions as Cameroon cracks down on anglophone activists". The Guardian (en inglés). 2018. 
  38. Ani, Kelechi Johnmary, Gabriel Tiobo Wose Kinge, and Victor Ojakorotu. "Political crisis, protests and implications on nation building in Cameroon." African Renaissance 15.Special Issue 1 (2018): 121–139
  39. "Cameroon: Humanitarian Dashboard (January to June 2020)". 11 de novembro de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2024.  Texto "editorialcUN Office for the Coordination of Humanitarian Affairs " ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |ligua= ignorado (Axuda)
  40. "National Profiles" (en inglés). thearda.com. Consultado o 31 de xaneiro de 2024. 
  41. 41,0 41,1 41,2 41,3 41,4 41,5 "July–December, 2010 International Religious Freedom Report – Cameroon" (en inglés). Departamento do Estado dos EUA. 8 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2011. Consultado o 1 de febreiro de 2024. 
  42. 42,0 42,1 "The veil in west Africa: Banning the burqa: Why more countries are outlawing the full-face veil". The Economist (en inglés). 13 de febreiro de 2024. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2016. Consultado o 1 de febreiro de 2024. 
  43. Pew Forum on Religious & Public life. 9 August 2012. Retrieved 29 October 2013
  44. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Geschiere
  45. Boko Haram timeline: From preachers to slave raiders Arquivado 14 November 2018 en Wayback Machine.. BBC News. 15 May 2013. retrieved 19 June 2013
  46. DeLancey & DeLancey 2000, p. 21.
  47. "3 medical marvels saving lives". CNN (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2013. Consultado o 31 de marzo de 2024. 
  48. "UNdata | country profile | Cameroon" (en inglés). data.un.org. Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2016. Consultado o 31 de marzo de 2024. 
  49. Rose Futrih N. Njini (decembro de 2012). "The need is so great" (en inglés). D+C Development and Cooperation/ dandc.eu. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2013. Consultado o 1 de abril de 2024. 
  50. West 2004, p. 64.
  51. West 2004, pp. 58–60.
  52. 52,0 52,1 "Cameroon". www.unaids.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2017. Consultado o 14 de abril de 2024. 
  53. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome yqheor
  54. Randy, Joe (23 de xuño de 2006). "Cameroon girls battle 'breast ironing'" (en inglés). BBC News. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2007. Consultado o 14 de abril de 2024. 
  55. {{Cita web |url=http://www.bbc.co.uk/programmes/p01pgpzf |título=BBC World Service – Outlook, Fighting 'Breast Ironing' in Cameroon |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140120111044/http://www.bbc.co.uk/programmes/p01pgpzf |dataarquivo=20 de xaneiro de 2014 |editorial=BBC News |dataacceso=14 de abril de 2024 |lingua=en
  56. "Campaigners warn of 'breast ironing' in the UK – Channel 4 News" (en inglés). Channel4.com. 18 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2014. Consultado o 14 de abril de 2024. 
  57. Bawe, Rosaline Ngunshi (24 de agosto de 2011). "Breast Ironing: A harmful traditional practice in Cameroon" (en inglés). Gender Empowerment and Development(GeED). Arquivado dende o orixinal |url-arquivo= require |url= (Axuda) o 26 de febreiro de 2015.  Falta a |url= (Axuda);
  58. "UNICEF 2013" (PDF) (en inglés). 5 de abril de 2015. p. 27. Arquivado dende o orixinal (PDF) o |url-arquivo= require |data-arquivo= (Axuda). 
  59. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Lantum
  60. & Mbaku 2005, pp. 80–81.
  61. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Fitzpatrick
  62. Mbaku 2005, pp. 77, 83–84.
  63. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Volet
  64. Mbaku 2005, pp. 85–6.
  65. "Literary Map of Africa Project" (en inglés). Library.osu.edu. Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  66. Bakwamagazine.com
  67. Bakwamagazine.com
  68. "Frankfurt Book Fair 2014: Two Debuts Draw Seven Figures" (en inglés). PublishersWeekly.com. 6 d outubro de 2014. 
  69. DeLancey & DeLancey 2000, pp. 119–120.
  70. West 2004, p. 20.
  71. DeLancey & DeLancey 2000, p. 120.
  72. "Cameroon announces the team for ACA T20 Africa CUP" (en inglés). africacricket.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  73. "Cameroon NBA Players – RealGM" (en inglés). Basketball.realgm.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2024. 
  74. Morgan, Emmanuel (21 de xaneiro de 2022). "The Fearsome, Quiet Champion". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 28 de xaneiro de 2024.