Discussão:Munio Moniz de Bierzo

O conteúdo da página não é suportado noutras línguas.
Adicionar tópico
Origem: Wikipédia, a enciclopédia livre.

Hai varias cousas que non teñen sentido. 1.- Ximena Ordóñez ubícase na Galiza. Casou co "comes magno", dux de Lugo, Munio Rodríguez, señor de Monterroso e das torres de Nóvoa e de Alba en territorio de Castella [de Buval] e pertencente a Curia Rexia: “comiti Munio Roderici et comitisse domna Eximena”, [doazón ao monasteiro de Sobrado dos Monxes, ano 1033]. Este era fillo do conde galego, dux de Lugo, Rodrigo Romaniz, neto de Vermudo II da Gallaecia e sobriño da raiña Elvira Menéndez. A Ximena castelá nen sequera posúe a dignidade de condesa nin ten tratamento de "domna". 2.- Munio Muñoz, tenente de Ulver, nunca obtivo a dignidade de conde, nin tampouco os seus fillos, polo que malamente puido ser o conde do Bierzo. 3.- Ademais, ¿qué fai unha dama castelá sepultada nun panteón familiar do Bierzo?¿Tiña parentes alí?¿quén? Hai uns anos estudiouse un escrito do século XVI, dun frade do mosteiro de Celanova chamado Benito de la Cueva, “Celanova ilustrada y anales de san Rosendo”, quen afirma que o mosteiro de Espinareda pertencía ao conde Gutier. De feito no mosteiro de Espinareda encontramos curiosamente a condesa Elvira Rodríguez como monxa, xa viuva do conde Rodrigo Romaniz. Esta muller era nin mais nin menos que a sobriña neta do conde Osorio Rodríguez, "o conde santo" e da raíña luguesa Adosinda Rodríguez. 4.- As doazóns de Ximena Muñoz e dos seus parentes sempre ten o destino do mosteiro bercián de Montes. Extraña que non fagan doazóns a algún mosteiro do seu territorio orixinario, como sería o máis lóxico. Igualmente os terreos que venden Munio e Velasquita dos seus pais ("pater nostro domnum Monnum Ruderiquiz et...mater nostra domna Scemena"), nos Ancares, entra dentro do espacio xeográfico característico de bens que teñen as familias lucense-berciáns emparentadas co rei e, que segundo Mattoso, son as mesmas familias que atopamos na bracarense. 5.- Resulta curioso o vencello das fillas de Jimena Muñoz, as infantas Elvira e Tareixa, co panteón familiar do mosteiro lugués de Ferreira, de protección real. O infante bastardo Ordoño Bermúdez, e os seus sucesores, escoma o conde Rodrigo Romaniz e os seus descendentes, compartiron o panteón familiar e as terras asociadas a este mosteiro. E así, por exemplo, Ximena Sánchez, neta do infante Ordoño Bermúdez, vémola facer unha doazón a Ferreira da parte que tiña cos seus irmáns en terras de Sarria, Lemos e Asma (Chantada-Lugo). Tareixa de Portugal e da Limia doa os terreos familiares que posúe en Lemos e na Ribeira Sacra, para a refundación do mosteiro de Montederramo, mosteiro ourensán que, por certo, non quedaba moi lonxe da paraxe que se descrebe no acto de conciliación entre Samos e o castelo de Ulver (1080). A súa filla, a infanta Sancha Henriques, xunto co seu home e o irmán diste, vende terreos que tiña en Lemos (como a súa nai) á abadesa de Ferreira e posteriormente, doa a súa parte de Ferreira a súa filla, María Sánches, que era abadesa no mosteiro de San Salvador de Sobrado de Trives (un terra que lle era tamén moi familiar a esta xente).

Esta é a única vía que convirte a Ximena Muñoz en "nobilísima". O erro da versión castelá e do conto do conde do Bierzo é que a condesa Ximena Ordóñez casou na Galiza. O que si non teño tan claro é se se lle debe atribuir a Velasquita Muñoz ou a Munio Muñoz, pois pode ser calquera dos dous, como filla ou fillo dos "magnos comites" galegos Munio e Ximena.

Polo demáis esta entrada contradí a entrada portuguesa Munio Rodrígues: https://pt.wikipedia.org/wiki/Munio_Rodrigues_(morto_em_1074)