Rótula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rótula humana esquerda (vista anterior)
Rótula humana esquerda (vista posterior)

A rótula o óso superior da perna, por enriba da tibia e peroné. Ten un tamaño reducido e forma parte da cámara proximal do xeonllo. É un triángulo de base superior e vértice inferior. Presenta as seguintes estruturas:

Cara anterior[editar | editar a fonte]

É unha superficie lisa, pola cal pasa o tendón cuadricipital. Na parte máis caudal atopamos o ligamento rotuliano, un ligamento de reforzo do xeonllo.

Cara posterior[editar | editar a fonte]

A diferenza da anterior esta é moito máis irregular. Presenta unha canle, que se despraza pola superficie anterior do fémur. Na parte máis inferior relaciónase cun paquete adiposo.

Bordos laterais[editar | editar a fonte]

Pasan por eles os tendóns dos músculos vasto externo e interno, que forman parte do tendón cuadricipital.